Recentemente chegou ás miñas mans unha ligazón ben interesante. Trátase dun novo guía de conversación da editora checa Lingea que, ademais do español, inclúe o catalán, o galego e o basco.

Os guías desta editora son especialmente bos. Inclúen uns excelentes resumos gramaticais e persoalmente téñoos usado como medio auxiliar para aprender linguas.

Porén, o que máis me chama a atención é que os checos, un pobo cunha soa lingua, aprecie a diversidade lingüística española dun xeito tan natural. Non vou negar a miña perplexidade (e tristura) cando, ás veces, na rúa Celetná, en pleno centro de Praga, diante da aula Carlemany de catalán, teño ouvido algúns orgullosos españois monolingües berraren “hijos de puta estos catalanes” perante o cartaz que anuncia as aulas de catalán na capital checa. Pois é así.

Temos a inmensa sorte de vivir nun país tan variado, porén os herdeiros do franquismo queren que tornemos á Idade de Pedra, nin sequera ao medievo, cando existían os reinos peninsulares. En España, en español, din estes energúmenos fascistas. Ben, pois daquela, na Chequia en galego, catalán e basco.

Advertisements